Instagram está a integrar numerosas novidades de cara á loita contra o COVID-19

martes, 24 de marzo do 2020 Marcus Fernández

Unha das plataformas sociais que máis tracción conseguiu estes días é Instagram, ferramenta á que moitos usuarios recorren para conectar con outras persoas, e que para evitar que se converta nunha fonte de desinformación anuncian novidades como que están a engadir máis recursos educativos na busca de Instagram, incorporan adhesivos para promocionar información precisa, eliminan contas e contido relacionado co COVID-19 das recomendacións (agás que estea detrás unha organización de saúde fiable), abren a moitos países un adhesivo para realizar doazóns a entidades relevantes nesta crise, permiten crear unha historia compartida para que as persoas conecten a través do adhesivo En Casa e tamén estrean unha función para explorar Instagram a través dun videochat con amigos.
Deste xeito temos que a Organización Mundial da Saúde e os ministerios de sanidade locais ven agora os seus contidos promovidos cando a xente busca información sobre o coronavirus en Instagram; en breve teremos adhesivos para as historias con recordatorios sobre o lavado frecuente de mans ou a distancia que debemos manter con outras persoas; os contidos que verificadores de datos externos indiquen como falso baixarán de nivel nas historias e no feed de novas; e o adhesivo de doazóns chegará a máis países. Pero a prestación que realmente chama a atención é a de poder compartir fotografías e vídeos que gardásemos en Instagram durante un videochat, o que pode converterse nun interesante xeito de consumir contidos en grupo con amigos e familiares, facilitando así a conexión entre as persoas.

Instagram abrirá a máis países o adhesivo para doar cartos a organizacións relevantes durante esta crise
Durante os videochats poderemos compatir contidos de Instagram que gardásemos previamente

PUBLICIDADE