Instagram estrea 4 novos tipos de adhesivo
venres, 3 de maio do 2024
Instagram está a estrear novos adhesivos para as súas historias, buscando así unha maior conexión con amigos e temas de interese. Destaca especialmente o adhesivo de Engade a túa música, que vén a ser unha variación do xa clásico Agora ti, pero en vez de propor compartir outra fotografía sobre unha temática determinada insta a compartir cancións da colección dispoñible en Instagram, como un xeito de compartir cancións que esteamos a escoitar.
A nivel estético temos os Marcos, un novo tipo de adhesivo que permite engadir fotografías da nosa galería dándolle a forma dunha instantánea Polaroid, permitindo incluso engadir un pé de foto. Como curiosidade, para poder revelar o contido da instantánea hai que axitar o móbil, como un xeito de lembrar o revelado das fotografías instantáneas.
A novidade que busca unha interacción máis directa sería o adhesivo Revela, que amosaría unha imaxe borrosa cunha pista, de xeito que haberá que enviar unha mensaxe directa para poder acceder ao contido da historia.
Tamén temos a ferramenta de Recortes, que permítenos recortar figuras das imaxes na nosa galería para convertelas en adhesivos que poder pegar nas nosas historias e Reels. Os Recortes que creemos quedarán almacenados para a súa reutilización no futuro como un adhesivo máis.