Instagram estrea cuestionarios de até 4 opcións

martes, 23 de abril do 2019 Marcus Fernández

Aínda que Instagram xa contaba con enquisas nas súas historias dende hai bastante tempo, agora decidiron levar un paso máis aló esta función, e estrean os cuestionarios, un novo tipo de adhesivo que permite engadir ás historias enquisas con até 4 opcións, das que as respostas poderán ser consultadas polo autor do cuestionario.
En esencia o novo adhesivo non é máis que unha variante das enquisas orixinais, permitindo tamén que elixamos a cor na que destacarase o texto da pregunta a realizar aos seareiros, dando a impresión de que este tipo de interacción está a funcionar bastante ben, xa que non é tan intrusiva como responder a través dun comentario, á vez que tamén pode ser unha ferramenta para coñecer os gustos da audiencia e decidir contidos futuros a publicar.

PUBLICIDADE