Instagram incorpora novas prestacións á súa mensaxerÃa
mércores, 19 de febreiro do 2025
Meta presentou hoxe novidades na mensaxerÃa directa de Instagram que, sen supor unha revolución, enriquecen as comunicacións dentro dunhas das plataformas móbiles de maior éxito a nivel mundial, de xeito que haberá usuarios que opten por conectar coas amizades a través de Instagram en vez de empregar outras canles de comunicación.
Unha das novidades máis importantes é a integración dunha ferramenta de tradución automática, de xeito que podemos premer nunha mensaxe dunha conversa e seleccionar a opción de Traducir para que o texto apareza no idioma no que temos configurado a aplicación (podendo repetir a operación para volver ao texto orixinal). Deste xeito facilÃtanse as comunicacións con persoas en distintas partes do mundo.
Outra novidade atractiva é a posibilidade de compartir cancións coa xente coa que esteamos a conversar a través dun adhesivo de Música que permite buscar temas entre toda a colección musical de Instagram para compartilos cunha imaxe dun disco de vinilo xirando acompañado cunha vista previa da 30 segundos da canción.
Pero a novidade que si muda o xeito de operar coa mensaxerÃa de Instagram é o feito de poder programar o envÃo das mensaxes, xa que tras escribilas, se deixamos pulsado o botón de enviar abrirase un menú de programar mensaxe para que fixemos o dÃa e a hora de envÃo, o que pode resultar moi práctico para recordatorios ou para, simplemente, non molestar a certas horas e adiar o envÃo das comunicacións a un momento máis axeitado.
Nas conversas tamén podemos agora premer nunha mensaxe para fixala na parte superior da conversa (onde pode logo desfixarse) como un xeito de manter localizable información importante.
E para rematar as novas prestacións, agora os grupos de chat, aparte de poder compartirse mediante ligazóns ou mensaxes, tamén poden compartirse mediante códigos QR, o que resulta práctico para encontros no mundo real, xa que asà podemos convidar a alguén en persoa para unirse a un grupo simplemente apuntando coa cámara do seu móbil a pantalla do noso.