Instagram permite aplicar filtros faciais nos vídeos en directo

xoves, 21 de setembro do 2017 Marcus Fernández

A partires de hoxe a aplicación de Instagram conta cunha nova funcionalidade: será posible xogar cos filtros faciais durante as retransmisións en vivo. Deste xeito, durante un vídeo en directo será posible engadir elementos á cara do usuario á vez que se comunica con amigos e seareiros.
O uso de filtros faciais poderá configurarse antes ou durante as retransmisións en directo, e como é costume neste tipo de vídeo, tamén será posible gardalos para a súa publicación a xeito de repetición nas historias de Instagram.
Aínda que falamos dunha novidade que comeza hoxe a súa implantación, podería tardar semanas en chegar a todos os usuarios de Instagram a nivel mundial.

PUBLICIDADE