Instagram permite compartir contidos en privado coa súa última actualización
xoves, 12 de decembro do 2013
A plataforma móbil para compartir imaxes Instagram
actualizou hoxe á versión 5.0 a súa aplicación para iPhone
e para
Android, o que supón a estrea dunha nova funcionalidade que parece ir na
liña do que tamén fixo Twitter esta semana (permitir intercambiar
imaxes a través de mensaxes directas) e con Instagram Direct
permite remitir fotografÃas e vÃdeos aos amigos.
Esta nova prestación está visible de dous xeitos diferentes: por unha banda
temos unha nova icona na parte superior directa da aplicación que permite ver
os contidos que nos remitiron outros usuarios; e por outra temos que ao enviar
fotografÃas podemos elixir 2 opcións: Seguidores e Direct. Esta última opción é
a que facilita que poidamos elixir quen serán os receptores do contido que
queiramos compartir.
Os usuarios poderán saber cando se leu a fotografÃa ou vÃdeo que compartiron, e
tamén será posible intercambiar contidos con persoas que non nos sigan en
Instagram, aÃnda que nese paso preguntaráselle ao usuario se desexa ver a imaxe
ou o vÃdeo (en vez de aparecer o material de xeito inmediato).
VÃdeo de presentación de Instagram Direct