Instagram permite fixar comentarios nas publicacións

mércores, 8 de xullo do 2020 Marcus Fernández

Tras varias semanas en probas, Instagram iniciou hoxe a ampliación a todos os usuarios de todo o mundo a posibilidade de fixar comentarios na parte superior das publicacións, como un xeito de administrar mellor as conversas.
Deste xeito, un usuario poderá escoller os comentarios que considere que son máis relevantes ou que mellor marcan o ton dunha publicación, e marcalos cunha chincheta para que figuren de xeito prioritario, o que tamén fai que os comentarios negativos e as respostas abusivas perdan peso.
Para empregar esta funcionalidade temos que entrar nos comentarios dunha das nosas publicacións e deslizar lateralmente o comentario se estamos en iOS ou deixar pulsado sobre o mesmo co dedo se estamos en Android, para poder logo elixir entre pór unha chincheta, denunciar o comentario ou borralo.

PUBLICIDADE