Instagram permite limitar a audiencia das publicacións e dos Reels

martes, 14 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Dende hai tempo Instagram ofrece a posibilidade de limitar a audiencia das nosas historias a un grupo escollido de mellores amigos, e hoxe mesmo amplían esta posibilidade a publicacións e a Reels, que xusto antes de que as publiquemos presentan agora unha opción de Audiencia na que podemos elixir entre Todos e Mellores amigos.
Os contidos compartidos de xeito limitado amosarán agora unha estrela sobre fondo verde, para que os espectadores sexan conscientes de que o contido non está visible para todo o público, senón para un grupo limitado de usuarios (do mesmo xeito que as historias para os mellores amigos tamén estaban marcadas cunha circunferencia verde ao redor da fotografía do avatar do usuario que a comparte).
Este tipo de opción de Instagram está dentro de toda unha tendencia de permitir as comunicacións en plataformas sociais máis privadas, en boa medida para evitar unha exposición persoal demasiado alta ou, simplemente, para limitar a xente de confianza mensaxes que poderían propiciar reaccións tóxicas de chegar a un público moi amplo.

PUBLICIDADE