Instagram permite ver cando os nosos contactos están en liña

venres, 20 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Aínda que Instagram é unha plataforma pensada principalmente para compartir imaxes e vídeos, son moitos os usuarios que sucumben ante a mesma como ferramenta de comunicación, de xeito que a empregan para conversar en tempo real cos amigos, como se fose Messenger ou WhatsApp, e para facer máis doado saber cando os nosos amigos están conectados antes de iniciar unha conversa veñen de mellorar o xeito de presentar en pantalla cando un contacto está en liña, presentando un punto de cor verde sobre o seu avatar na bandexa de entrada da mensaxería directa.
Esta funcionalidade só está dispoñible con usuarios cos que tivésemos unha conversa creada previamente e, se algún usuario considera que iso invade a súa intimidade, pode acudir ao menú de configuración da aplicación, para elixir se quere que o seu estado de actividade sexa visible para outros usuarios.

PUBLICIDADE