Instagram permitirá alterar os nosos vÃdeos con IA
mércores, 18 de decembro do 2024
O máximo responsable de Instagram, Adam Mosseri, vén de presentar en vÃdeo un modelo de intelixencia artificial chamado Movie Gen que pretenden integrar en Instagram en 2025 e que permitirá modificar os nosos vÃdeos mediante simples ordes de voz. Asà poderemos mudar o fondo, engadir elementos, cambiar o contexto no que nos atopemos e incluso aplicar filtros moi tolos que muden completamente a aparencia dos nosos vÃdeos para desatar a creatividade dos usuarios.
Durante o vÃdeo de demostración podemos ver a Mosseri transformado nun vaqueiro no medio do deserto, vestindo unha chaqueta con forma de osiño, cunha fogueira de fondo, con abrigo e lentes de sol, cunha cazadora de coiro nun centro de procesamento de datos, cun abrigo de pel branca nunha montaña nevada, cunha cadea de ouro pendurada no pescozo, acompañado por un hipopótamo rosa, coa torre Eiffel de fondo ou convertido nun monicreque, deixando claro que dende Meta tamén están a realizar grandes avances na creación de vÃdeo mediante IA ao igual que Adobe, OpenAI ou Google.