Instagram permitirá reiniciar o algoritmo de recomendacións
martes, 19 de novembro do 2024
Tendo en conta de que os mozos mudan moito en pouco tempo, e para que a aplicación se poida axustar mellor a eses cambios de carácter e gustos, dende Instagram anuncian que están a probar unha nova funcionalidade que permitirá, cuns poucos toques, reiniciar o sistema de recomendacións da aplicación, de xeito que Instagram tratará a conta que o solicite como se fose nova, aprendendo do comportamento do usuario a partir dese momento, e deixando de lado contidos e usuarios cos que se interactuase no pasado e que xa non resultan de interese.
Actualmente Instagram conta con numerosas funcións que permiten filtrar o que se amosa entre as recomendacións da aplicación, polo que estamos simplemente nunha potenciación destas funcións, que por desgraza non son moi coñecidas polos usuarios, e que permiten limitar a visibilidade de contidos que mencionen certas palabras, de certos usuarios ou de contido polÃtico ou sensible.