Instagram permitirá silenciar contas
martes, 22 de maio do 2018
Para
ter un maior control sobre as publicacións que vemos en Instagram, a aplicación
está a incorporar unha funcionalidade presente en plataformas como Twitter que
consiste en poder
agochar as publicacións de certas contas sen ter que deixar de seguilas,
conseguindo asà unha experiencia de uso máis personalizada.
Cando silenciamos unha conta en Instagram podemos seguir vendo as súa
publicacións na súa páxina de perfil e recibiremos notificacións se tal usuario
nos etiqueta en publicacións ou comentarios. Amais, os usuarios silenciados non
saberán de tal acción, e poderá eliminarse o silencio en calquera momento.
O silenciado de contas pode ser só para as publicacións ou tamén para as
historias, e pode resultar especialmente interesante en momentos nos que algúns
dos nosos amigos está a participar en actividades que non son do noso agrado ou
para, por exemplo, evitar spoilers
sobre pelÃculas e series de televisión, evitando que nos cheguen as
publicacións dos amigos que tenden a compartir contidos sobre o audiovisual,
evitando asà que nos estraguen as sorpresas en pezas que non puidésemos ver no
momento da súa estrea.