Instagram por fin limita o número de cancelos por publicación

xoves, 18 de decembro do 2025 Marcus Fernández

Os responsables de Instagram levan moito tempo recomendar non abusar dos cancelos nas publicacións, por considerar que practicamente eran un xeito de facer spam, e aínda que ese comentario non pasaba de ser un consello, finalmente decidiron reaccionar ás malas prácticas dun xeito máis activo, e finalmente anuncian que a partir de hoxe haberá un límite de 5 cancelos por publicación ou Reel.
Comentan que esta nova funcionalidade irase aplicando de xeito gradual, pero que a súa intención é que se empreguen cada vez menos cancelos nas publicacións e nos Reels de Instagram, situando 5 como máximo, e incluso recomendando o uso de menos etiquetas para mellorar o rendemento dos contidos e a experiencia dos usuarios.
Dende Instagram instan aos creadores a facer un uso intencional dos cancelos, ou sexa, que se empreguen para pór o foco nun tema relevante, non para encher as publicacións con etiquetas xenéricas ou irrelevantes como #reels ou #explore, que realmente non axudan a que os contidos atopen o seu lugar.