Instagram potencia o uso do texto para personalizar os contidos

martes, 27 de agosto do 2024 Marcus Fernández

Instagram está a aumentar as posibilidades de personalización dos contidos a través do texto e outras funcións, no que supón un dos cambios máis importantes da plataforma nos últimos meses.
Por unha banda incrementan o número de fontes de texto, de animacións e de efectos que podemos engadir aos Reels e ás historias, pero o máis importante deste cambio é que agora tamén poderemos engadir texto e adhesivos a fotografías e carruseis, polo que estes elementos estarán máis presentes ca nunca.
Outra novidade importante, que algunhas contas de usuario xa teñen dende hai bastantes semanas, é o incremento do número de fotografías e vídeos nun carrusel, que pasa de 10 a 20.
Esta novidades están a espallarse actualmente entre os usuarios de Instagram, polo que aínda poden tardar un tempo en chegar a todos.