Instagram prepara medidas para dificultar a sextorsión
xoves, 17 de outubro do 2024
Meta está a anunciar unha nova campaña educativa para axudar a protexer á mocidade fronte aos calotes de carácter sexual, a chamada sextorsión, que está a converterse nunha grande preocupación para mozos, pais e a sociedade en xeral.
Onde a compañÃa de Mark Zuckerberg está a esforzarse máis é en Instagram, onde están a revolucionar as contas para menores de 16 anos (que agora teñen toda unha serie de limitacións establecidas de xeito predefinido para a súa protección), e agora anuncian que están a introducir alertas para advertir de posibles casos de sextorsión na mensaxerÃa privada, procederán ao bloqueo do acceso á listaxe de seareiros e seguidos dunha posible vÃtima de sospeitar dun caso de sextorsión, preparan o bloqueo de capturas de pantalla e gravación de pantalla durante o envÃo de imaxes e vÃdeos efémeros e tamén detectan contidos con espidos, de xeito que advertirán aos usuarios antes da súa visualización, anticipándose asà ao seu risco.