Instagram supera os 700 millóns de usuarios

mércores, 26 de abril do 2017 Marcus Fernández

Que Instagram é a aplicación móbil de moda non é ningunha sorpresa, pero non pode negarse que o seu ritmo de crecemento está a ser impresionante, e hoxe veñen de anunciar que superaron a barreira dos 700 millóns de usuarios, de xeito que os últimos 100 millóns baterían unha marca no que se refire ao tempo que tardaron en captar a eses novos usuarios.
Este último incremento de 100 millóns de usuarios teríase conseguido en só 4 meses, cando o anterior incremento de 100 millóns levara medio ano e o anterior a este 9 meses, ou sexa, que dá a impresión de que a Instagram cada vez cústalle menos traballo sumar usuarios e, aínda que esta plataforma continúa a ter unha base de usuarios moi inferior á de servizos como WhatsApp ou Facebook, a actividade dos seus usuarios é moi intensa, conseguindo que contidos en formatos que non conseguiron callar en Facebook ou WhatsApp si atopen o seu sitio en Instagram, dando a impresión de que foi a mellor adquisición feita na historia de Facebook, pese a que no seu día considerouse unha tolería a cantidade pagada por esta plataforma social baseada en dispositivos móbiles

PUBLICIDADE