InstantAction.com achega xogos 3D multiusuario en Flash

luns, 7 de abril do 2008 Marcus Fernández

Normalmente os xogos en Flash que vemos na Internet son moi sinxelos, pero dende a web Instant Action queren cambiar tal, e presentan unah serie de títulos que non só contan con gráficos tridimensionais, senón que tamén permite xogar en rede a varios xogadores.
O funcionamento desta plataforma de xogo é moi sinxelo, de xeito que só se precisa do rexistro do usuario e identificarse na web, tralo que hai que conectase a un servidor de xogo no que podemos enfrontarnos a outros usuarios. Polo momento teñen 5 títulos dispoñibles de balde, o que agradecerán os que queiran botar unha partida rápida en rede.

PUBLICIDADE