Integral comercializará tarxetas microSD de 512 GB
martes, 23 de xaneiro do 2018
A compañÃa británica Integral Memory vai pór á venda en febreiro as súas novas tarxetas de memoria microSDXC V10 UHS-I U1 de 512 GB de capacidade, buscando asà satisfacer a cada vez maior demanda de almacenamento en smartphones e tabletas con Android.
Estas tarxetas de memoria cumpren coa especificación Video Speed Class (V10), de xeito que garanten unha elevada velocidade de gravación de vÃdeo, que poden empregarse tamén en cámaras de acción, drons e outros dispositivos que precisen gravar vÃdeos Full HD de xeito estable á vez que tiran proveito das elevadas capacidades de almacenamento para conservar maior número de fotografÃas e metraxe de vÃdeo.
Integral asegura ser o primeiro fabricante en comercializar tarxetas microSD de 512 GB, con velocidade de transferencia de até 90 MB/segundo, que inclúen un adaptador a tarxeta SD.
Polo momento descoñécese o prezo que terán, pero non é de esperar que sexan baratas, pois as tarxetas microSD de 400 GB de SanDisk custan máis de 250 euros.