Intel estrea novas cámaras de profundidade
xoves, 18 de xaneiro do 2018
Nos últimos anos foron varios os proxectos que tiraron
proveito das cámaras RealSense de Intel para, por exemplo, recoñecemento
facial para equipos co Windows 10 ou para permitir
que os drons poidan evitar choques realizando un modelo tridimensional do seu
contorno, demostrando que o uso de cámaras de profundidade pode ir moito
máis aló dos videoxogos (lembremos que esta tecnoloxÃa garda semellanzas co
sensor Kinect da Xbox), e para que poidan continuar a innovación baseada nesta
tecnoloxÃa Intel
comezou hoxe a distribución dun par de novas cámaras, as Intel RealSense D415
e D435, que engaden capacidades 3D a prototipos ou incluso a equipos finais.
Estas cámaras son de grande utilidade para makers
e educadores, entregándose nun formato moi sinxelo, xa que chega con conectalas
a un ordenador por USB para poder empregalas, estando soportadas polo Intel RealSense
SDK 2.0, un kit de desenvolvemento de código aberto que facilita a creación de
solucións baseadas nestas cámaras que poden empregarse tanto en interiores como
en exteriores.
Esta tecnoloxÃa de Intel pode adquirirse tanto para solucións puntuais como para
a integración en produtos con grandes volumes de fabricación, sendo unha
solución de visión artificial que pode favorecer os avances en realidade
virtual e aumentada, en robótica, e drons e en moitos outros ámbitos.
A cámara de profundidade Intel
RealSense D415 pode xa reservarse a un prezo de 149 dólares, mentres que a Intel
RealSense D435, cun campo de visión máis amplo, ten un prezo de 179 dólares.
En calquera dos casos aseguran que a demanda destes produtos é moi elevada,
polo que a súa entrega pode adiarse un chisco.