Intel estrea unha nova familia de unidades SSD
martes, 17 de abril do 2012
A substitución dos discos duros por unidades de memoria
sólida (SSD) a longo prazo parece inevitable, pois o seu rendemento é moi
superior, aínda que, polo momento, o seu prezo pode resultar un tanto elevado,
pero tal barreira vai reducíndose pouco a pouco, e Intel vén de presentar a nova familia de unidades
SSD 330, que chega con conectividade SATA a 6 Gbps (compatible con interfaces
SATA a 3 Gbps) en capacidades de 60, 120 e 180 Gb a prezos de 89, 149 e 234
dólares respectivamente (67,73, 91,32 e 136,98 euros), polo que poden resultar
atractivas para quen desexe actualizar o seu equipo a esta tecnoloxía de futuro.
Estas novas unidades SSD veñen en formato de 2,5 polgadas (as habituais en
ordenadores portátiles), poden manter unha velocidade de lectura secuencial sostida
ata a 500 Mbytes/segundo e escribir de xeito secuencial de xeito sostido ata a
450 Mbytes/segundo.
Aínda que as capacidades de este tipo de unidades continúan a ser excesivamente
axustadas, poden resultar idóneas para ordenadores que permitan a instalación
de 2 discos duros, de xeito que empreguen unha unidades SSD para o sistema
operativo (o que supón unha posta en funcionamento do sistema operativo e as
súas aplicacións a grande velocidade) deixando un disco duro tradicional como
mero almacenamento masivo de contidos, que é precisamente a opción que están a
adoptar algúns equipos de alta gama.