Intel presenta unha tecnoloxÃa de realidade virtual sen fÃos
martes, 16 de agosto do 2016
San
Francisco está a acoller hoxe a celebración do Intel Developer Forum, encontro
que abriu o director xeral da compañÃa, Brian Krzanich, desvelando
o proxecto Alloy (aliaxe en
inglés), unha solución todo-en-un de realidade virtual que busca redefinir esta
tecnoloxÃa como un exemplo do futuro da realidade mesturada, que para o ano que
vén ofrecerase como unha plataforma aberta e que chama poderosamente a atención
polo feito de que carece de cables de conexión ao ordenador persoal, evitando
asà unha das principais molestias das solucións de realidade virtual actuais.
Este casco non só achega ao usuario unha maior liberdade de movemento, senón
que valéndose da tecnoloxÃa Intel RealSense tamén pode detectar elementos do
mundo fÃsico para, por exemplo, evitar que choquemos contra unha parede real
mentres nos movemos no mundo virtual ou para que podamos interactuar co
elementos virtuais empregando as nosas propias mans, mesturando realidade e
facilitando que os movementos fÃsicos poidan ter resposta no espazo virtual.
Outra das grandes vantaxes da tecnoloxÃa RealSense integrada no casco de Alloy
é que non será preciso distribuÃr sensores para detectar a nosa posición ao
longo da habitación na que esteamos (como acontece con HTC Vive) de xeito que o
propio casco serÃa un elemento independente de sensores externos.
Cómpre destacar que non estamos ante un produto para usuarios finais, senón
para desenvolvedores, de xeito que agora compañÃas como Microsoft están a
colaborar para conseguir unha boa experiencia de realidade virtual baseada nesta
tecnoloxÃa, de xeito que para o ano que vén poderÃan ver a luz distintos
dispositivos baseados en Alloy.