Intel publica as especificacións do controlador de USB 3.0
xoves, 14 de agosto do 2008
AMD, nVIDIA e outros fabricantes estaban a polemizar con Intel por mor das especificación do futuro controlador USB 3.0, e finalmente Intel deu carpetazo ao asunto e publicou tal información, de xeito que xa se coñece o borrador 0.9 da especificación para a Extensible Host Controller Interface (xHCI), que ten unha licenza
RAND-Z (de balde).
Deste xeito dáse un importante paso adiante para o futuro USB 3.0, que permitirá a comunicación entre dispositivos a unha velocidade de ata 4,8 Gbps (fronte aos 480 Mbps que dá actualmente o USB 2.0), aÃnda que non se agarda a fabricación de dispositivos con esta tecnoloxÃa ata 2009 ou 2010.