Internet Calicia (GaliciaDigital) desenvolve a web da Semana Santa de Lugo
mércores, 2 de outubro do 2024
Internet Galicia, o portal de servizos da plataforma GaliciaDigital, comezou o mes de outubro compartindo novidades. Entre estas atópase o traballo desenvolvido xunto á Xunta de Confrarías da cidade de Lugo para dar forma á nova web da Semana Santa na cidade da Muralla. O labor levado a cabo pola empresa orientouse a transmitir en liña a gran relevancia que ten a dita celebración relixiosa para Lugo, “un período de intensa devoción e tradición arraigada no corazón da cidade”.
O traballo realizado para a Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, moi visual e centrado en destacar a vistosidade das celebracións, preséntase en dúas linguas, galego e castelán, e dende o punto de vista informativo destaca por unha óptima distribución dos datos sobre a entidade e sobre a Semana Santa de Lugo, con accesos directos a diferentes apartados de interese (historia, xunta, confrarías, procesións, novas, publicacións) e con seccións adicadas ao programa de actividades, aos carteis e á galería fotografía.