Internet en el Pueblo dase cita en Asturias

mércores, 21 de novembro do 2007

No marco do Plan de Extensión da Banda Ancha do Goberno, o subdirector xeral de Acceso á Sociedade da Información, Luís Prieto, vai presentar mañá, 22 de novembro, a campaña de comunicación Internet en el Pueblo, nun acto que terá lugar na cidade de Xixón, en Asturias.
A devandita presentación dará comezo ás 11:45 horas nos Xardíns do Náutico e contará coa presenza do delegado do Goberno no Principado de Asturias, Antonio Trevín.
Internet en el pueblo é unha campaña de comunicación que pretende sensibilizar á cidadanía sobre os beneficios derivados do acceso á Rede.

PUBLICIDADE