Investigadores da Axencia Espacial Europea e o Instituto de AstrofÃsica de AndalucÃa visitan o CITIC
venres, 11 de xuño do 2021
Este
martes 8 de xuño, os investigadores Alejandro CardesÃn e Gabriella
Gilli visitaron a sede do Centro de Investigación TIC da
Universidade da Coruña, no Campus de Elviña. Fixérono para
coñecer as liñas de traballo en proxectos espaciais que se
desenvolven desde o centro, co obxectivo de establecer unha posible
colaboración cientÃfica.
Alejandro
CardesÃn Moinelo é investigador do Centro Europeo de AstronomÃa
Espacial da Axencia Espacial Europea e responsable de Operacións
CientÃficas da Misión Mars Express e Coordinación con ExoMars,
misións de exploración de Marte operadas pola Axencia Espacial
Europea. Pola súa banda, Gabriella Gilli é investigadora do
Instituto de AstrofÃsica de AndalucÃa e asociada ao Instituto de
AstrofÃsica e Ciencias do Espazo de Portugal.
Na
visita, coñeceron as instalacións do centro acompañados polo
director do CITIC, Manuel F. González Penedo, e a investigadores da
área de intelixencia artificial especializados en proxectos
espaciais, Minia Manteiga e Carlos Dafonte.
