Investigadores de atlanTTic, premiados por un traballo en ciberseguridade
luns, 27 de xuño do 2022
Os investigadores de atlanTTic, Alberto
Pedrouzo-Ulloa, Fernando Pérez-González e David Vázquez-PadÃn veñen de
ser galardoados nun congreso internacional sobre ciberseguridade, o EICC
(European Interdisciplinary Cybersecurity Conference), polo seu traballo Secure
Collaborative Camera Attribution, na categorÃa de póster. Os tres
investigadores pertencen ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións, que
forma parte do Centro de Investigación en TecnoloxÃas de Telecomunicación da
Universidade de Vigo.
O traballo premiado dá
resposta aos inconvenientes que se atopan axencias de policÃa e seguridade
cando teñen que xestionar unha gran cantidade de contido multimedia. Como
solución, os investigadores propoñen unha infraestrutura federada que permite a
organismos independentes explotar de forma conxunta información forense
multimedia, respectando a privacidade dos datos considerados, que en todo
momento se atopan cifrados no caso de que teñan que deixar o seu organismo de
orixe, como en investigacións transfronteirizas.
No traballo premiado, os
investigadores exemplifican o uso desta infraestrutura no problema de
atribución de cámara, no que o obxectivo das investigacións forenses é coñecer
con que cámara se obtiveron as imaxes, pero buscando preservar en todo momento
a privacidade dos datos forenses pertencentes a organismos independentes.
Con este artigo, o grupo
GPSC continúa unha liña de traballo xa recoñecida anteriormente con diversos
premios tanto en congresos nacionais como internacionais.
O EICC está consolidado
internacionalmente como un punto de encontro entre académicos e profesionais da
ciberseguridade ao longo de toda Europa.