Investigadores do CITIC e titulados da FIC acadan o terceiro posto na final da V National CyberLeague
martes, 21 de novembro do 2023
Os
membros do CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da
Coruña) Rubén
Pérez e Martiño Rivera, integrantes do equipo de competicións de
ciberseguridade th3_n00bs, lograron o terceiro posto na final
da V National CyberLeague celebrada entre os dÃas 14 e 16 de
novembro. O equipo está formado, ademais, por Pedro
Fernández-Arruti, Olalla Rama e Manuel Orois.
Todos
os integrantes son alumnos xa titulados da Facultade de Informática
da Universidade da Coruña. Este grupo superou a máis de mil
estudantes e titulados de educación superior de toda España que
participaron nesta edición.
A
competición, organizada pola Garda Civil, contaba coas categorÃas
pre-amateur, amateur e profesional, e consistiu na
resolución dunha serie de retos de ciberseguridade propostos por
expertos na materia de toda España.
Despois
de superar a fase clasificatoria e a semifinal de forma online,
un total de 16 equipos enfrontáronse aos diferentes retos da final,
celebrada de forma presencial na Escola de Oficiais da Garda Civil,
en Aranjuez, Madrid.
Na
actualidade, Rubén Pérez e Martiño Rivera están cursando estudos
de doutoramento no grupo Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas
Adaptativos – Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico
(RNASA-IMEDIR), asociados ao Centro de Investigación en TecnoloxÃas
da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da
Coruña. Dentro do ámbito da ciberseguridade, as súas liñas de
investigación céntranse na análise de tráfico de rede con
Intelixencia Artificial e a autenticación avanzada, respectivamente.
Os seus traballos están dirixidos polos investigadores Alejandro
Pazos e Jose Vázquez Naya. Por outra banda, Olalla Rama, Manuel
Orois e Pedro Fernández-Arruti están desenvolvendo a súa carreira
profesional no mundo laboral, especializados en diferentes ámbitos
da ciberseguridade.