Investigadores do CITIC visualizan internacionalmente un software intelixente para imprimir en 3D produtos farmacéuticos

xoves, 8 de outubro do 2020 S. P.

Os investigadores do CITIC Brais Muñiz Castro e Gilberto Pérez, en colaboración con investigadores da empresa de biotecnoloxía FabRx (Reino Unido) e da UCL (University College London), publicaron un artigo na prestixiosa revista international Journal of Pharmaceutics, a segunda revista máis citada no ámbito das ciencias farmacéuticas. O traballo titúlase A novel machine learning approach for predicting the 3D printability of medicines e debulla un innovador software baseado en Intelixencia Artificial para a Impresión en 3D de produtos farmacéuticos.
O software en cuestión, que se coñece como M3DISEEN, tira proveito de técnicas de aprendizaxe automática para predicir o éxito da impresión de dose a medida. Segundo fan saber os investigadores, a ferramenta demostra as capacidades do Machine Learning (Aprendizaxe da Máquina) para predicir múltiples parámetros clave no modelado por deposición fundida (MDF), unha das tecnoloxías de Impresión en 3D máis utilizadas para os medicamentos personalizados. Así, a plataforma de Intelixencia Artificial ten capacidade para ofrecer altos niveis de precisión grazas aos centos de formulacións a medida xeradas UCL-School of Pharmacy e a empresa FabRx, durante un período de seis anos. Ademais, M3DISEEN posúe potencial de poder aplicarse a outras técnicas de Impresión 3D como a extrusión directa de po (EDP), unha das diversas tecnoloxías innovadoras aplicadas por FabRx.

PUBLICIDADE