Iris Fall e Autonauts serán os Xogos con Gold de xaneiro

xoves, 29 de decembro do 2022 Marcus Fernández

A oferta mensual de títulos incluídos co servizo Xogos con Gold continúa na senda da irrelevancia, e os xogos que se incluirán no mes de xaneiro serán producións independentes totalmente descoñecidas para o grande público. O 1 de xaneiro incorporarase aos Xogos con Gold Iris Fall, quebracabezas con ambientación tétrica, na que a luz e a sombra xogan un rol constante tanto na estética como no deseño dos retos a susperar.
En contraste, a partir do día 16 de xaneiro temos Autonauts, un colorido xogo de estratexia, cunha estética que podería lembrarnos a Minecraft, que proponnos percorrer o Universo creando asentamentos en planetas deshabitados co único obxectivo de pór mundos en marcha mediante o poder da automatización. Haberá que recoller pedras e polas para comezar a construír asentamentos e ir creando distintos obxectos e mesmo robots traballadores que contribuirán a crear o fogar para toda unha civilización de robots traballadores que se encargarán de todo.

PUBLICIDADE