Isabel Rodríguez celebra que Lugo sexa a provincia máis participativa en A Administración preto de ti
mércores, 22 de marzo do 2023
A
subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, avanzou este
mércores 22 de marzo que Lugo
é a provincia de España con máis municipios adheridos a A
Administración cerca de Ti, o plan
do Goberno que achega os trámites administrativos dixitais á
veciñanza, cun total de 45 concellos lucenses. “Beneficiamos
aos case 100.000 veciños e veciñas que viven nestas localidades do
rural”, afirmou a subdelegada, quen informou das novidades deste
programa durante a inauguración na UNED da Xornada A
Administración a un clic, no teu móbil,
organizada pola Subdelegación do Goberno con motivo da Semana da
Administración Aberta 2023.
Funcionarios
públicos levaron a cabo máis de 500 trámites, entre certificados
dixitais e cl@ves
permanentes, aos
asistentes ás sesións organizadas en 59 localidades. A día de
hoxe, o 76% dos municipios asinaron o convenio coa Federación
Española de Municipios e Provincias (FEMP) para acollerse a este
programa.
“Unha
ferramenta fundamental para loitar contra o despoboamento,
especialmente nunha provincia tan dispersa e envellecida coma a de
Lugo, eliminando as desigualdades sociais, mellorando a cohesión
social e evitando desprazamentos á cidade”, destacou a subdelegada
durante a súa intervención, na que explicou que este acordo
permitirá a estes concellos solicitar visitas para que persoal da
Subdelegación se desprace periodicamente e realice in
situ as xestións que a cidadanía
demande previamente.
Isabel
Rodríguez, acompañada da directora do Centro Asociado en Lugo da
UNED, Ana Traseira, deu comezo á xornada onde responsábeis
dos diferentes departamentos explicaron ao alumnado universitario o
catálogo de prestacións do organismo, facendo especial fincapé en
servizos e ferramentas como a carpeta
cidadá, o
certificado
dixital e a cl@ve
permanente. O
catálogo de servizos electrónicos ofrece 125 trámites de xeito
telemático, destacou, salientando
operacións como as xestións relacionadas
cos servizos de Estranxeiría; o pago
de taxas; a comunicación
de mobilizacións; a validación
de títulos universitarios estranxeiros ou a presentación de queixas
ou suxestións ante a administración.