Isabel Rodríguez entrega 17 carnés de ciberexpert@ no CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros

venres, 2 de febreiro do 2024 S. P.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acudiu ao CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros para facer entrega dos carnés de Ciberexpert@ da Policía Nacional a escolares do centro. A subdelegada remarcou a importancia que ten para estes 17 alumnos de sexto de Primaria o facer un bo uso das redes e Internet para saber como actuar en casos de perigo.
Con estes escolares, son máis de 70 os estudantes que dispoñen do seu carné, acreditándoos como coñecedores dos bo usos e expertos da Rede. Isabel Rodríguez destacou tamén os beneficios do plan director para a xuventude, formándoa e preparándoa para un mundo dirixido polas telecomunicacións.

PUBLICIDADE