JLab sorprende comercializando uns auriculares xigantes
xoves, 5 de febreiro do 2026
A marca JLab está a sorprender ao mundo ao comercializar un produto que parece unha broma: os auriculares JLab Blue XL. Que teñen de especial estes auriculares de edición limitada? Que o seu tamaño é xigantesco, porque realmente son altofalantes cun toque divertido.
Estamos ante uns altofalantes con transdutores de 2,5 polgadas capaces de entregar ata 30 watts de son, teñen conectividade Bluetooth 5.4 e a súa baterÃa de 3.000 mAh achega unha autonomÃa de ata máis de 20 horas (podendo cargarse completamente en 3 horas).
Este curioso accesorio deixouse ver hai varias semanas na Birmingham Bowl, e actualmente poden adquirirse por 99,99 dólares, aÃnda que non semella que o fabricante teña a intención de vender moitas unidades, senón que está a empregar este produto como un reclamo cara a súa marca.
VÃdeo no que amosan os auriculares-altofalantes en acción
