Jack O Destripador chega a semana que vén a Assassin’s Creed Syndicate

xoves, 10 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Ubisoft está a dar conta de que o vindeiro día 15 o xogo Assassin’s Creed Syndicate vai recibir a súa primeira expansión do modo campaña, protagonizada por Jack O Destripador, que non só envolve de sensacións e misterios unha historia en Whitechapel, senón que tamén estreará un novo sistema de xogo chamado medo, que permite asustar aos opoñentes e incluso empregar o fogo amigo a favor.
Esta expansión ambiéntase 20 anos no futuro do xogo principal, e está protagoniza polo mítico asasino en serie e Evie Frye (quen lle seguirá a pista tras dúas décadas fóra da cidade londiniense). Evie Frye colaborará co detective ABberline para pór fin ao terror do destripador, aínda que esta interesante aventura precisará que os usuarios pasen por caixa, xa que para gozar deste DLC será precisa a súa compra (ou do pertinente pase de tempada).
A expansión de Jack O Destripador para Assassin’s Creed Syndicate chegará o martes que vén a Xbox One e PlayStation 4, e finalmente Ubisoft apuntou que a versión para PC só chegará unha semana máis tarde, o día 22.

Tráiler da expansión de Assassin’s Creed Syndicate protagonizada por Jack O Destripador

PUBLICIDADE