James Bond volve nun xogo moi cinematográfico
venres, 16 de xullo do 2010
As pelÃculas de James Bond viviron nos últimos anos unha auténtica
revolución coa incorporación de Daniel Craig coma intérprete do axente segredo
ao servizo da Súa Maxestade, pero os estudos cinematográficos non están a
confiar moito neste cambio de rumbo, polo que teñen conxelados os proxectos de
novas pelÃculas, polo que temos que acudir ao PC, a Xbox 360 e a PlayStation 3
para continuar as historias do personaxe creado por Ian Flemming, nunha
aventura que vén de ser anunciada por Activision e que toma por nome James
Bond 007: Blood Stone (existindo tamén unha versión do xogo adaptada á Nintendo DS).
Para dar maior continuidade coas últimas pelÃculas, Blood Stone contará con Daniel Craig e Judi Dench poñendo a voz no
xogo aos seus personaxes cinematográficos, e incluso contarase coa presenza da
cantante británica Joss Stone, que interpretará á rapaza da pelÃcula e tamén pon voz á banda sonora deste tÃtulo (co
tema I’ll Take it All, no que tamén
colaborou Dave Stewart de Eurythmics) que levaranos polos currunchos máis exóticos
do planeta empregando os tÃpicos accesorios de alta tecnoloxÃa que caracterizan
a 007.
Esta aventura explosiva controlarase en terceira persoa, ofrecerá tiroteos, combates
corpo a corpo e persecucións, asà como un modo multi-xogador en liña que
permitirá a participación de ata 16 usuarios.
O xogo para PC, Xbox 360 e PlayStation 3 está a ser desenvolvido por Bizarre
Creations, mentres que o seu irmán cativo para Nintendo DS recaeu no estudo
n-Space.
Trailer do novo xogo de James Bond
Tema musical que para o novo xogo de James Bond interpretan Joss Stone e Dave Stewart
