Javier Franco, no equipo que dirixe a área TIC da Conferencia de Reitores

venres, 7 de marzo do 2008

O director da Área TIC da Universidade de Santiago, Javier Franco, vén de ser elixido membro da Comisión Executiva da Sectorial de TICs da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas que se reuniu este pasado martes e mércores na Universidade Politécnica de Valencia. Segundo informa a USC, Franco forma parte deste equipo de traballo xunto con Faraón Llorens Largo, da Universidade de Alicante; Lorenzo Rodríguez Martín, da Autónoma de Barcelona; Miguel Ferrando Bataller; da Politécnica de Valencia; e José Antonio Caballero Molina; da Universidade de Córdoba.

PUBLICIDADE