Javier Milei oponse á venda de Telefónica Argentina a Telecom Argentina
luns, 24 de marzo do 2025
Dentro do proceso de desinvestimento en América Latina, Telefónica acordou a venda do seu negocio de telefonÃa na Arxentina por uns 1.200 millóns de euros o pasado 24 de febreiro, nunha operación pechada coa que o operador español querÃa evitar calquera risco, como o desatado polo presidente Javier Milei, quen acusa ao Grupo ClarÃn de «fustrigar con mentiras ao Goberno» e pretende obstaculizar que poida converterse nun operador de telecomunicacións dominante, afectando á competencia.
Dado que a operación xa foi pechada economicamente, queda por ver como afectarán as medidas do Goberno arxentino a unha compañÃa resultante que controlarÃa preto do 70% do mercado local, pois o que está claro é que o operador español non se fará responsable do servizo dunha compañÃa que xa non é da súa propiedade.
Telecom Argentina (compañÃa participada minoritariamente polo Grupo ClarÃn) será quen teña que cumprir agora as esixencias da Administración de Javier Milei, que polo momento suspendeu preventivamente a venta, o que poderÃa traducirse na obriga de venda de parte do negocio adquirido.