Javier Milei promocionou un calote que afectou a milleiros de cidadáns
luns, 17 de febreiro do 2025
Levamos uns anos nos que o mundo crypto pasou de ser un espazo de innovación baseado nunha tecnoloxÃa prometedora a converterse nun niño de especuladores e estafadores con máis caracterÃsticas de casa de apostas que de mercado financeiro. Pero dado que nas últimas semanas o actual presidente dos EE.UU. realizou movementos para favorecer as criptodivisas, non sorprende que os seus imitadores sigan os seus pasos con resultados catastróficos, como está a ser o caso do presidente da Arxentina, Javier Milei, que foi colaborador necesario nun calote millonario.
Dende a Oficina do Presidente recoñecen que Milei tivo un encontro con representantes de KIP Protocol na Arxentina o pasado mes de outubro para desenvolver un proxecto chamado Viva al Libertad, que supostamente financiarÃa emprendementos privados na Arxentina mediante tecnoloxÃa blockchain. Nese marco volve xuntarse na Casa Rosa a finais de xaneiro con Hayden Mark Davis, quen proverÃa a infraestrutura tecnolóxica do proxecto.
Tras estes movementos, Milei publicou un chÃo promocionando o lanzamento do proxecto da criptomoeda $LIBRA baixo o lema Viva la Libertad, chegando a fixalo no seu perfil durante horas e conseguindo millóns de visualizacións que incitaron ao investimento nesta memecoin, que ás tres horas do seu lanzamento comezou a retirar os fondos captados de milleiros de imprudentes, estafando 87,4 millóns de dólares e facendo que a capitalización de mercado de $LIBRA caese máis de 4.400 millóns de dólares en 5 horas, no que poderÃa ser unha das operacións de rug pull (ou estafa de saÃda) máis importantes da historia.
Unha vez acontecida a desfeita, Milei optou por borrar a súa publicación orixinal e, en vez de desculparse, asegurou non ter relación co calote e culpar «á casta polÃtica» por querer aproveitar esta situación para facer dano. Cómpre salientar que Milei xa promocionou outro calote semellante en 2021, cando xa era deputado, eludindo toda responsabilidade tras o peche da empresa que cometeu a fraude.
A estafa xa foi denunciada, e incluso pretenden someter a Milei a un xuÃzo polÃtico ante a posible responsabilidade do presidente pola súa participación no calote.