Jawbone Prime, un mans libres de calidade e elegante deseño
xoves, 23 de abril do 2009
Moitos usuarios elixen o seu
teléfono móbil case exclusivamente polo seu deseño, xa que utilizan o
dispositivo coma un elemento máis da súa imaxe, e esta práctica pode levarse
tamén aos mans libres de orella, e
non por iso sacrificar prestacións, coma demostra o novo
Jawbone Prime, que funciona con tecnoloxía Bluetooth 2.1 + EDR
(compatible con versións anteriores do estándar de comunicacións sen fíos),
unha cobertura de 10 metros, unha autonomía de 4,5 horas en conversa e 8 días
en espera, capaz de conectar con dous dispositivos á vez e á venda en distintas
cores, e cunha aparencia bastante orixinal.
O seu prezo é un tanto elevado, pois véndese
por 110 euros (incluíndo cargador, cable USB, 3 tapóns para o ouvido e 4 ganchos
para a orella), aínda que podería xustificarse polo uso
da tecnoloxía NoiseAssassin 2.0, que mellora a redución de ruído
(prometendo ser 10 veces máis eficiente eliminando ruído de fondo que o seu
competidor máis próximo).