Jesús Calleja traballará con Avatel en dotar o rural de conectividade

martes, 22 de marzo do 2022 S. P.

O presentador e aventureiro Jesús Calleja vén de fichar pola operadora Avatel, o que significa que será a súa imaxe pública e a persoa encargada de dar visibilidade aos servizos da compañía no rural, principalmente, contorna onde a empresa de telecomunicacións é un claro referente. O presentador será polo tanto o “embaixador” da operadora durante os vindeiros tres anos, coincidindo coa posta en marcha de importantes proxectos de Avatel dirixidos a “dar visibilidade ás pequenas e medianas poboacións”.
En palabras da empresa de orixe galega, Calleja e Avatel “comparten o empeño por chegar onde outros non chegan e a paixón polas zonas menos poboadas, costeiras e de interior, lugares onde o presentador puxo moitas veces o foco cos seus programas e que son o centro da actividade de Avatel”. E engade o presentador: “Ambos derrubamos barreiras para conectar persoas e afrontamos cada proxecto con paixón. Como unha nova aventura que nos fai evolucionar, achegarnos a persoas e medrar”.

PUBLICIDADE