Jet Set Radio volverá a patinar no verán
martes, 28 de febreiro do 2012
SEGA vén de anunciar o
lanzamento en formato dixital dun dos xogos mellor lembrados da clásica
Dreamcast, que marcou época no ano 2.000, Jet Set Radio, que chegará no verán para Xbox 360, PlayStation 3 e
PC. Deste xeito o DJ Professor K, Beat, Gum e todos os GG volven
ás rúas nunha versión adaptada á alta definición para competir polo control do
Tokyo-to do futuro, marcando o seu territorio con pintadas nas pareces, vallas publicitarias
e membros das bandas rivais.
Este título combina unha xogabilidade magnífica, unha completa banda sonora e
un estilo artístico innovador, pois estamos ante un dos primeiros videoxogos en
facer uso da técnica do cel-shading
para dar aparencia de debuxos animados aos seus gráficos 3D.