Tras o éxito de Fruit Ninja os estudos Halfbrick estrearon o pasado día 1 na App Store en versión para iPhone e iPad e por só 0,79 euros Jetpack Joyride, un título que está a converterse en todo un éxito instantáneo, por conseguir desenvolver unha mecánica de xogo tan sinxela como aditiva na que manexamos a un home equipado cunha mochila propulsora que debe evitar mísiles, lasers e inimigos para avanzar o máximo posible á vez que supera certos retos, aproveita as vantaxes que dan certos vehículos que aparecen e recolle moedas para ampliar as posibilidades do xogo.
Nesta aventura Barry Steakfries convértese nun heroe que limita os seus movementos a ascender ou descender mentres prememos a pantalla do noso dispositivo con iOS, mentres caen balas, arcos voltaicos, raios láser… aínda que para evitar a monotonía o xogo vai propondo retos a superar moi diversos, que irán sumando estrelas para ascender de categoría segundo a nosa experiencia no xogo, seguindo unha fórmula que gozou de moi boa aceptación en títulos como Tiny Wings.
Trailer oficial do xogo
Jetpack Joyride convértese no novo grande éxito para iOS
Compartir Este Artigo

