Jim Ryan deixará a dirección da división de xogos de Sony
mércores, 27 de setembro do 2023
O presidente e
director xeral de Sony Interactive Entertainment, Jim
Ryan, tras preto de 30 anos na compañÃa anuncia o seu retiro, nun
comunicado no que quere deixar claro o seu amor á empresa e á comunidade que se
formou ao seu redor, e xustifica a súa decisión na súa situación persoal, xa
que estaba a resultarlle cada vez máis complicado conciliar a súa vida familiar
en Reino Unido co seu traballo nos EE.UU.
Ryan manterá os seus cargos até marzo de 2024, para pasarlle o relevo o 1 de
abril a Hiroki Totoki, quen ocupará os postos de xeito interino, mentres a
compañÃa non designa un novo máximo responsable a longo prazo.
A división de lecer electrónico de Sony emerxeu en 1994, coa primeira
PlayStation, e foi medrando da man de Jim Ryan (quen inicialmente ocupou cargos
de responsabilidades na división europea da compañÃa) até a súa actual posición
de liderado a nivel mundial, salientando Ryan a súa gratitude por poder
conducir a compañÃa até o momento actual, no que a PlayStation 5 é unha boa
mostra do que poden realizar tanto en hardware como en software.
Jim Ryan era o máximo responsable de Sony Interactive Entertainment dende
xaneiro de 2018, e dende
a compañÃa desfanse en boas palabras sobre el, evitando asà rumores sobre a
súa partida.
Moitas foron as súas contribucións durante os seus preto de 30 anos de carreira en Sony,
pero probablemente pasará a historia por ser quen levaba o temón da empresa durante
o lanzamento da PlayStation 5, consola que conseguiu un grande éxito pese aos
moitos atrancos que topou no seu camiño (como unha crise de abastecemento de
compoñentes e unha pandemia).