Joe & Mac: Caveman Ninja adaptarase á alta definición
luns, 9 de novembro do 2009- O novo deseño dos personaxes proposto por Golgoth Studio promete unha boa calidade gráfica no xogo
Golgoth Studio, o
equipo que está a preparar un remake de Toki en
alta definición, anunciou que van repetir a xogada, e tamén están a
desenvolver unha recreación de Joe &
Mac: Caveman Ninja, que era un dos tÃtulos de acción para recreativas
máis divertido tanto pola súa mecánica arcade como polo sentido do humor das
súas animacións, que é de agardar que agora poidamos ver en todo o esplendor
que permite a alta definición das consolas domésticas actuais.
- O xogo de recreativa tiña uns gráficos bastante simpáticos
O xogo orixinal saÃra en 1991 para máquinas recreativas, adaptándose posteriormente
para Super Nintendo, Mega Drive, NES, Game Boy, Amiga e PC, e contou con
secuela tanto en recreativa coma en Super Nintendo.
O obxectivo de Caveman Ninja e
percorrer os mapas do xogo para rescatar a todas as mulleres do seu poboado á
vez que teñen que enfrontarse con dinosauros, outros trogloditas, plantas
carnÃvoras e distintos seres prehistóricos facendo uso de armas coma o lume,
pedras afiadas, rodas de pedra ou boomerangs.
Segundo parece, este non será o último xogo en contar cun remake a en breve, e segundo parece SnapDragon
Games estarÃa a traballar en varios xogos descargables entre os que
estarÃan as adaptacións de Bad Dudes vs
Dragon Ninja, Karate Champ e TumblePop. Sen dúbida, unha boa nova
para todos os nostálxicos dos xogos de finais dos anos 80.