José Sendín (Sistemius) achegará na Proa un obradoiro sobre emprendemento e esixencias legais
xoves, 2 de febreiro do 2023
O
Espazo
de Cowoking
A Proa, no Milladoiro, organiza para o vindeiro xoves 16 de febreiro
o taller Mínima
legal viable,
que versa sobre as esixencias legais coas que deben cumprir as
persoas emprendedoras. Será
ás 12:00 horas e a entrada é de balde, os interesados en asistir
poden
inscribirse premendo na
ligazón
habilitada polo Concello.
O
evento correrá a cargo de José Sendín Rodríguez, avogado de
Sistemius, un bufete especializado no dereito das novas tecnoloxías.
Sendín adicou a súa carreira profesional ao asesoramento legal ás
empresas con base tecnolóxica, sempre co obxectivo de facer máis
comprensíbel
o sistema legal.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén
Paz, explica que “o novo obradoiro
pode ser de gran interese para os emprendedores e para todas as
persoas que aspiren a selo”.
A
Proa é un espazo de traballo colaborativo que ten como obxectivo
ampliar os servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos
empresariais ou iniciativas de autoemprego. A instalación está
pensada para que persoas autónomas e emprendedoras compartan
espazos, fomentando a economía social e colaborativa e o espírito
de comunidade.
O
local está ubicado na entrada do parque empresarial do Milladoiro
(Rúa das Hedras, 2), e conta con 400 m2,
tres salas de xuntas, aulas de formación e eventos, zonas de
recepción, reprografía, descanso, aseos e un vestíbulo. A Proa
pertence á Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da
Coruña.