Josep Piqué compartirá a súa experiencia en transformación na nova Xornada Tecnolóxica de R
mércores, 27 de outubro do 2021
- Josep Piqué nunha conferencia recente sobre a situación política actual en España /Foto: COPE
A
operadora R segue adiante coa súa axenda de charlas e actividades de
divulgación e reflexión arredor da dixitalización, a innovación e
a transformación. A seguinte cita contará coa presenza de Josep
Piqué, relator internacional especializado en dirección de empresa
(foi conselleiro delegado en diversas compañías tecnolóxicas), que
será o protagonista “dunha xornada exclusiva de gran interese para
avanzarmos no camiño cara ao mundo dixital”, en palabras da
operadora. Piqué estará acompañado de profesionais e responsábeis
de empresas galegas sobranceiras, achegando claves estratéxicas e
mostrando como as organizacións usan as tecnoloxías para lograr o
éxito e afrontar os principais desafíos que deixou a COVID.
Baixo
estas premisas, R celebra a súa Xornada Tecnolóxica anual dirixida
a profesionais, a responsábeis de innovación e dixitalización das
principais empresas de Galicia e a representantes institucionais.
Celebrarase
baixo o seguinte epígrafe: Novos tempos, grandes oportunidades.
Será este 28 de outubro ás 9.30 horas, na Finca Montesqueiro (rúa
dos Xardíns, 2, 15172-Oleiros, A Coruña).
Programa da xornada
9:15 h
Recepción de asistentes
9:30 h Benvida e presentación
Alfredo Ramos,
Director de R
9:45 h
Conferencia: A adaptación da empresa ao mundo post-pandemia que
nos vén
Josep Piqué
Empresario,
economista e experto conferenciante internacional en dirección de
empresa
10:30 h Mesa
profesional: Éxito, retos e oportunidades da situación actual
Modera Xosé Luis
Vilela, director de La Voz de Galicia
Eduardo Aldao, director de Innovación de Abanca
Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do IGAPE
Beatriz Mato, directora de Desenvolvemento Corporativo e Sustentabilidade de
Greenalia
Juan Redondo, chief digital transformation officer de Parfois
Isidro Fernández de la Calle, director de Empresas de R
Josep Piqué Camps
11:15 h Experiencias transformadoras: A tecnoloxía como panca para
experiencias transformadoras
– Transformación
cara a unha organización Data Driven
Alberto Iglesias, responsábel de
pricing de Vegalsa
– Dixitalización
en empresas do sector primario e da industria agroalimentaria
Javier Cabana, director de TI de
CLUN
11:45 h Peche
e conclusións
12:00 h
Brunch e networking