Juan Carlos Fernández Fasero, novo director xeral de Innovación e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense

xoves, 11 de xaneiro do 2024 S. P.

A xunta de Goberno local de Ourense acordou os días pasados nomear director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense a Juan Carlos Fernández Fasero, por “cumprir cos requisitos establecidos nas bases do proceso selectivo promovido polo Concello para a provisión, polo sistema de libre designación, deste posto, e resultar a persoa máis idónea entre as que se presentaron como candidatas”, sinalouse na resolución. O nomeamento será efectivo desde a toma de posesión.
Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, Juan Carlos Fernández Fasero foi director da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) desde xullo de 2009 até outubro de 2012 e desde hai once anos traballa na SGAE (Sociedad General de Autores y Editores), primeiro como director de Zona Noroeste, posteriormente como director de comunicación pública e rede territorial, e director comercial.
Fasero ocupa así o posto que deixara libre David Olivieri, que abandonara o cargo para regresar ao seu traballo no Campus trala súa actividade á fronte do Centro de IA na Molinera. Fasero deberá dirixir un departamento que desenvolveu aplicacións para o Concello ademais da web municipal.

PUBLICIDADE