Juan Romero, do CITIC, recibe o premio ao mellor investigador en computación evolutiva de Europa
venres, 16 de abril do 2021
Juan
Romero, profesor da UDC e investigador do Centro de Investigación
TIC da Universidade da Coruña (CITIC), vén de obter un importante
recoñecemento internacional polas súas contribucións á
Intelixencia Artificial á Computación Evolutiva. Trátase
do Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation
in Europe, outorgado pola sociedade cientÃfica Species.
Este
premio europeo outórgase ao investigador que máis contribuÃu á
investigación en tecnoloxÃas avanzadas para a análise da
información e a Computación Evolutiva, unha rama da Intelixencia
Artificial que propón o uso de mecanismos inspirados na xenética
para a resolución de problemas, ferramentas que permiten, entre
outras cousas, que un computador poida crear un programa que resolva
un problema, por si só.
Juan
Romero formou parte activa no crecemento da Intelixencia Artificial
aplicada á tarefas creativas e estéticas como artes, música ou
deseño, sendo o fundador e responsable do congreso Artificial
Intelligence applied to Music, Sound, Art and Design, que
actualmente é o maior congreso internacional dedicado a Intelixencia
Artificial aplicado a temas de creatividade e estética.
O
xurado tivo en conta tamén as súas numerosas contribucións
cientÃficas ao eido computacional, como a edición de números
especiais en revistas de referencia en Computación Evolutiva, en
Intelixencia Artificial e en Deep Learning.
Tamén
se valorou especialmente a participación de Juan Romero como
socio-fundador e director de I+D da spin-off da Universidade
da Coruña, PhotoIlike, por
converter investigación de referencia en Intelixencia Artificial en
produtos aplicados ao mundo real. PhotoIlike comercializa un produto
capaz de predicir o impacto comercial de calquera imaxe inmobiliaria.
Foi fundada en xaneiro deste ano e está presente en máis de 4.000
axencias inmobiliarias en España. O profesor Romero engade por
segunda vez devandito galardón ás vitrinas de PhotoIlike, xa que
anteriormente o profesor Penousal Machado (tamén socio fundador)
recibiuno en 2016.
O
investigador Juan Romero é Profesor Titular da área de Ciencia da
Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña e
membro do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e
a Comunicación (CITIC).