Judith Fernández destaca as accións da Xunta para mellorar o ensino a través da tecnoloxÃa
xoves, 17 de novembro do 2022A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da
Xunta de Galicia, Judith Fernández, participou esta tarde na inauguración do
XXXV congreso Enciga, da Asociación dos Ensinantes de Ciencias en Galicia, onde
destacou que un dos retos do Goberno galego para a vindeira década é seguir
implementando melloras no sistema a través de distintas ferramentas e, sobre
todo, incorporando
novas técnicas docentes e pedagóxicas ao proceso de ensino-aprendizaxe, proceso
no cal a tecnoloxÃa e a innovación xogan un papel esencial.
Na súa intervención con motivo do encontro que se celebra até
o sábado no instituto IES Eduardo Pondal de Ponteceso, Judith Fernández
referiuse á Estratexia de Educación Dixital 2030, dotada con 120 millóns de
euros para os seus primeiros tres anos de aplicación, que contempla un conxunto
de accións enfocadas á transformación dixital, mellorando as competencias tanto
de alumnado como de profesores e sacándolle o máximo rendemento ás novas
tecnoloxÃas.
Neste ámbito subliñou a implantación de Polos Creativos,
unha iniciativa pioneira que chega por primeira vez este curso a 220 centros,
espazos tecnoloxicamente dotados onde o alumnado poderá desenvolver proxectos
vinculados coa intelixencia artificial, a realidade virtual ou robótica entre
outros; os Club de Ciencias, con 175 centros participantes, ou o Bacharelato de
excelencia en Ciencias e TecnoloxÃa, STEMBach, que se imparte en 45 centros.