Julián Cerviño (AMTEGA) asiste ao simposio de Gartner sobre as tendencias dixitais do futuro
martes, 11 de novembro do 2025
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, asiste en Barcelona ao Gartner IT Symposium/Xpo™ 2025, no que se abordan (a longo desta semana, dende o luns ata o venres 14) as tendencias tecnolóxicas que están a marcar o futuro da administración pública e os servizos dixitais.
Este foro internacional, que reúne a máis de 6.500 CIOs (responsables de Tecnoloxías da Información) e executivos de TI de todo o mundo ata o 13 de novembro, analiza os retos da intelixencia artificial, a ciberseguridade, as tecnoloxías emerxentes así como a planificación estratéxica da transformación dixital.
AMTEGA explicou que a asistencia a este encontro é unha oportunidade para coñecer de primeira man as estratexias máis innovadoras, identificar oportunidades de mellora para os servizos dixitais e reforzar o papel da AMTEGA como referente en modernización tecnolóxica dentro do sector público español.
Dende a axencia lembran que a”s tecnoloxías de alto impacto que se abordan en encontro están no centro de Estratexia Galicia Dixital 2030 como pancas clave para impulsar a innovación, mellorar a eficiencia dos servizos públicos e garantir unha transformación dixital inclusiva e sostibles”, tecnoloxías que “permiten abordar os grandes retos de Galicia, como a dispersión poboacional, o envellecemento demográfico e a necesidade de cohesión territorial, facilitando o acceso equitativo a servizos dixitais avanzados en todo o territorio”.
