Julio Sánchez Agrelo renova como decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación
venres, 26 de marzo do 2021
Logo
do remate das eleccións á xunta de goberno do Colexio
Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG)
procedeuse á proclamación e investidura da única candidatura
presentada, encabezada por Julio Sánchez Agrelo, que será decano da
entidade profesional por catro anos máis.
O
decano agradeceu a continuidade do compromiso adquirido polas persoas
que renovan nos seus cargos na nova xunta de goberno do COETG, así
como o dos novos integrantes, para traballar “nesta etapa que agora
comeza, e como en anteriores, sempre en prol dos intereses do
colectivo de enxeñeiros de telecomunicación e da sociedade galega”,
explicou.
Nos
vindeiros días, os integrantes do novo equipo responsábel do COETG
tomarán posesión dos seus cargos nunha xuntanza que se vai
desenvolver conforme ao establecido no regulamento particular de
funcionamento da entidade, a partir da cal renovarán o seu
compromiso de traballar na visibilización do colectivo ante a
Administración, o sector TIC e a sociedade en xeral.
Entre
os obxectivos da nova andaina do COETG figuran os seguintes:
“Concienciar da importancia das Tecnoloxías da Información e da
Comunicación no progreso socioeconómico da comunidade e incrementar
a implicación do colectivo de enxeñeiros de Telecomunicación en
áreas emerxentes da industria e sectores estratéxicos”.
O
decano, Julio Sánchez Agrelo, é enxeñeiro de Telecomunicación
pola Universidade Politécnica de Madrid e ao longo da súa
traxectoria profesional ocupou diferentes postos de responsabilidade
en empresas de relevancia no sector tecnolóxico, como a operadora de
telecomunicacións, R. Actualmente é director executivo (CEO) e
Fundador da Escola de Negocios Dixitais HUB.
A
composición da xunta de goberno está formada por 18 membros de
diferentes perfís profesionais que abranguen a profesión da
Enxeñería de Telecomunicación desde múltiples perspectivas como a
docencia e investigación universitaria, a administración pública,
o sector empresarial, o libre exercicio da profesión e incluso a
literaria.